Tuesday 30 de April de 2024

Laxe despide o LaxEntroido por todo o alto co enterro do Caietano


• O velorio e misa cómica ao meco comezarán a partir das 18:30 horas de mañá, sábado 17 de febreiro, na Praza dos Voluntarios

• A partir das 20:00 horas haberá festa infantil con música, baile, animación e malabares con Peque Disco Moc Moc

O Concello de Laxe despide mañá, sábado 17 de febreiro, as celebracións deste LaxEntroido 2024 por todo o alto co enterro do Caietano.

Ás 18:30 horas dará comezo o velorio e misa cómica a D. Caietano na Praza dos Voluntarios. Ao remate, iniciarase o desfile de despedida animado por Latexo Percusión ata a zona de Ramón Juega, onde se realizará a queima pirotécnica do meco.

Nesta xornada de despedida non faltará a animación, xa que os máis pequenos e pequenas poderán gozar dunha festa infantil con música, baile e malabares con Peque Disco Moc Moc, de Mere Clown, para animar este último día de disfraces e troula.

Desde o goberno local animan a toda a cidadanía a achegarse ata a praza para desfrutar desta tradicional celebración na que a comedia e os choros de despedida camiñan da man.